Para rematar o trimestre e antes da visita das Súas Maxestades os Reis Magos celebramos unha pequena festa. Estivemos todos xuntos, probamos os produtos típicos desta época e bailamos cos amigos. Pasámolo moi ben.
sábado, 19 de diciembre de 2015
ADORNOS NADAL
Nestas datas toca adornar a árbore de Nadal. Este ano a idea foi a de darvos vasos de poliuretano. Quedaron moi bonitos e imaxinativos.
PROXECTO DINOSAUROS
Os nenos e nenas de 6º de infantil fixeron un volcán para rematar o proxecto dos dinosauros. Mostráronnos o seu funcionamento e foi moi interesante.
Tamén descubriron que fósil se atopaba nunha pequena escavación, facendo de paleontólogos.
Tamén descubriron que fósil se atopaba nunha pequena escavación, facendo de paleontólogos.
jueves, 17 de diciembre de 2015
ANIVERSARIOS DECEMBRO
Este mes celebramos os aniversarios de Daniela e Joel que cumpriron catro anos e o de Manuel que facía tres pero como está maliño non puido vir a escola.
martes, 8 de diciembre de 2015
DINOSAUROS
Durante este trimestre estivemos aprendendo moitas cousas sobre os dinosauros. Pudemos facelo grazas, entre outros, ao material que nos enviachedes desde as vosas casas. Aqui podedes ver como cada neno o presentaba ante a súa clase.
sábado, 28 de noviembre de 2015
ANIVERSARIOS NOVEMBRO
Chegado o último venres de novembro celebramos os aniversarios deste mes. Kyara 3, Lucía 4 e Izan 5 anos. Parabéns.
domingo, 8 de noviembre de 2015
SAMAÍN
O pasado xoves 29 celebramos na escola o Samaín. Os nenos mostraron orgullosos o traballo coas cabazas que fixeron nas casas, e por suposto, tamén decoramos unha todos xuntos nas clases. Aquí vos deixamos a mostra.
miércoles, 28 de octubre de 2015
ACÁBATE A SOPA
Onte os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I. fumos ata Compostela para asistir no Auditorio de Galicia á representación musical "Acábate a sopa".
Catro músicos e unha bailarina interpretaron composicións de distintos autores mentres voaba a imaxinación dunha rapaza que non daba acabado a sopa. Ao rematar achegámonos ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago onde puidemos ver moitas especies tanto animais como vexetais. Descubrimos tamén os minerais e as pedras preciosas, vimos fósiles... Resultou unha visita do máis interesante.
Catro músicos e unha bailarina interpretaron composicións de distintos autores mentres voaba a imaxinación dunha rapaza que non daba acabado a sopa. Ao rematar achegámonos ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago onde puidemos ver moitas especies tanto animais como vexetais. Descubrimos tamén os minerais e as pedras preciosas, vimos fósiles... Resultou unha visita do máis interesante.
lunes, 26 de octubre de 2015
ANIVERSARIOS OUTUBRO
Este luns celebramos os aniversarios do mes de outubro. Sabela e Lucas cumpriron 5 anos e Alba 4. Parabéns.
jueves, 15 de octubre de 2015
PALEONTÓLOGOS
É grazas aos paleontólogos/as que coñecemos cómo foi a vida dos dinosauros. Como nos pareceu moi interesante decidimos convertirnos neles e ir na procura dalgún rastro de dinosauros no patio. Como bos paleontólogos/as, con moito coidado fomos quen de desenterrar os ósos dalgún dinosauro que viviu en Asados.
domingo, 11 de octubre de 2015
ANIVERSARIOS
Non hai mellor maneira de comezar un curso que facendo unha festa. Desta celebramos os aniversarios, non so dos que cumpriron este mes de setembro senon que tamén daqueles que o fixeron nos meses de xullo e agosto. Eran moitos para soplar a torta e tivemos que ir por grupos de idade. Lia, Alex, Cibrán e Froilán cumprian 3 anos; Aroa, Carlos, Anxo F. e Sara fixeron 4 anos; Xeila, Sofía, Ainoa e Anton son os maiores, cumpriron 5. Parabéns a todas e todos.
UN OVO NA CLASE
Nas aulas de 5º e 6º de Infantil apareceron unha pegadas enormes que nos levaban ata un niño. Nel atopamos un ovo moi extraño, e no corcho unhas instrucións a seguir. Fixemos o que dician, sumerximos o ovo nun recipiente con auga e fomos vendo, como co paso dos días a casca do ovo íase resquebraxando e asomaba o que se atopaba no seu interior: era un DINOSAURO. Foi daquela cando decidimos investigar sobre o tema, e así, entre a escola e as familias averiguar todo o que poidamos sobre estes animais que poboaron a terra hai millóns de anos.
Algo nos fai sospeitar que dentro de pouco será a aula de 4º de Infantil a que reciba algunha visita inesperada.
Algo nos fai sospeitar que dentro de pouco será a aula de 4º de Infantil a que reciba algunha visita inesperada.
sábado, 3 de octubre de 2015
COMEZA O CURSO
Un curso máis a nosa escola comeza cun montón de ilusións e proxectos que levar a cabo nos próximos nove meses. Alégranos volver a ver ás familias que xa coñeciamos e dámoslle a benvida ás novas incorporacións. Contamos con vós para seguir colaborando no desenvolvemento integral dos vosos fillos.
Un saúdo a todas e todos.
Un saúdo a todas e todos.
domingo, 21 de junio de 2015
FIN DE CURSO
Cando en setembro comezou este curso, tiñamos por diante un montón de meses para coñecernos, compartir e aprender xuntos.
Pasámolo moi ben moitas veces e outras poucas non tanto, pero chegamos ao remate do curso e agora toca disfrutar da praia e da familia.
Deixámosvos unhas fotos da festa que fixemos para rematar.
Vémonos o curso que ven.
Pasámolo moi ben moitas veces e outras poucas non tanto, pero chegamos ao remate do curso e agora toca disfrutar da praia e da familia.
Deixámosvos unhas fotos da festa que fixemos para rematar.
Vémonos o curso que ven.
ANIVERSARIOS XUÑO
Un mes máis chegou o momento de celebrar os aniversarios. Desta foron Carla, con 6 anos e Carlota con 5, as encargadas de soplar as velas. Coma sempre a tarta saíunos riquísima.
jueves, 28 de mayo de 2015
Aniversarios maio
Un mes máis chegou o día de celebrar os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que naceron neste mes. Paula e Helena cumpliron 5 anos, son case que unhas mozas; Xián, Marina e Ricardo xa están nos 4. Como pasa o tempo! que din os maiores.
sábado, 16 de mayo de 2015
PINTANDO
Comezamos a facer un grande mural que reflexe todo o que estamos aprendendo da prehistoria. Estes son os primeiros pasos con pintura e esponxas. Como nos gusta mancharnos!
viernes, 15 de mayo de 2015
VISITA ODONTÓLOGAS
Xa fai uns días visitaron a nosa escola unhas odontólogas. Descubrimos que non todas as pezas dentais teñen o mesmo nome nin serven para o mesmo e tamén nos falaron sobre a alimentación, onde nos mostraron os diferentes tipos de alimentos, cales eran carioxénicos e cales non. Mostrándonos así, as maneiras de manter unha boa hixiene bucal.
sábado, 2 de mayo de 2015
ANIVERSARIOS ABRIL
Este mes celebramos os aniversarios de seis compañeiros e compañeiras. Leo e Unai cumpriron 4 anos, André fixo 5 e Lidia, María e Mario xa van polos 6. Parabéns a todos.
PARABÉNS PARA TI
NESTA DATA QUERIDA
MOITAS FELICIDADES
MOITOS ANOS DE VIDA.
PARABÉNS PARA TI
NESTA DATA QUERIDA
MOITAS FELICIDADES
MOITOS ANOS DE VIDA.
sábado, 18 de abril de 2015
miércoles, 8 de abril de 2015
PLANTANDO
Xa que temos este bo tempo aproveitamos para prantar no patio árbores froiteiras para despois poder comer a deliciosa froita que nos dean. A nos tocáronnos un caqui e un fraile.
Nótase que nos sentaron ben as vacacións que temos moita forza.
sábado, 28 de marzo de 2015
ANIMALIÑOS EXTRAORDINARIOS
Os máis pequenos da escola tamen demostraron que lles encanta actuar. Fixeronno moi ben e por suposto, disfrutaron un monton!. Aqui tendes as fotos, o video máis adiante.
SOPA VERDE
Este é un pequeno adianto do que foi a representación deste conto polos nenos e nenas de 5º E 6º de infantil. O teatro ten canteira na nosa escola.
jueves, 26 de marzo de 2015
ANIVERSARIOS MARZO
Este mes celebramos os aninersarios de Anxo.G e de Darío. Xa teñen catro anos!!. Aquí tendes todo o proceso que seguiron para facer esta riquisima torta de chocolate.
PREHISTORIA
Aquí tendes outra entraga do material que enviades dende as vosas casa para que todos aprendamos moitas cousas sobre o tema.
miércoles, 11 de marzo de 2015
PREHISTORIA
Xa comezou a rodar o segundo proxecto do ano, A PREHISTORIA. Os nenos/as traen orgullosos os materiais escollidos conxuntamente nas vosas casas e móstrannolos os demais da aula. Como sempre moitas gracias.
miércoles, 25 de febrero de 2015
PAN DE MILLO
Os últimos pasos para facer un delicioso pan de millo, AMASAR, COCER e listo para PAPAR.
BO PROVEITO!
BO PROVEITO!
jueves, 19 de febrero de 2015
DISFRAZADOS
Algunhas nais coséronnos os disfraces na casa, traballo nada fácil. Este e o resultado do traballo conxunto entre familia e escola. Gracias a todas por participar.
FACENDO DISFRACES
Un ano mais aquí estamos comezando cos disfraces do entroido. Temos a axuda das nais que amablemente nos ceden un pouco do seu tempo para vir a axudarnos. Queens estarán mais contentas de vir a escola as nais ou as fillas/os?
PENEIRANDO
Algunha da fariña que moemos trouxémola para a escola para seguir peneirándoa. Xa queda menos para facer o pan!.
VISITA O MUÍÑO
Para continuar co proceso de elaboración do pan fomos visitar un muíño. Tivemos a gran sorte que estaba na casa dun dos nosos compañeiros, Carlos, e ata alí nos achegamos para ver como se fai a fariña. Acompañáronnos os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria.
Dámoslle as gracias a mamá e o avó de Carlos por deixarnos entrar na súa casa e ensinarnos como funciona o muíño.
Dámoslle as gracias a mamá e o avó de Carlos por deixarnos entrar na súa casa e ensinarnos como funciona o muíño.
lunes, 9 de febrero de 2015
ANIVERSARIOS XANEIRO
No mes de xaneiro estiveron de aniversario Carmen, Adela e Moisés que cumpliron catro anos. Hugo e Sara cinco. E por último Paula e Yago seis anos.Aquí vos deixo unha mostra da torta que fixemos e de como a comemos.Como sempre boísima!!!!
lunes, 19 de enero de 2015
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Estamos participando no PLAN PROXECTA, O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR, polo que disfrutamos de distintas actividades, entre elas esta charla-representación que nos trouxeron o colexio.
AGASALLOS DE REIS
Os Reis Magos non quixeron marchar de Rianxo sen pasar polo CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ. Cando o dia 8 de xaneiro chegamos o colexio tiñamos uns agasallos!!!!!! Un taxi, unhas pezas de construccións e uns puzzles!!!!!
GALLETAS
Hugo trouxonos unha receta e uns moldes, con forma de monstruos, para facer galletas. E... puxémonos a facelas, quedaron un pouco finas, pero estaban moi boas!!!!
lunes, 12 de enero de 2015
A RODA DOS ALIMENTOS
Entre todos fixemos a nosa roda dos alimentos, así xa sabemos a que grupo pertence cada alimento. quedounos moi chula!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)