jueves, 28 de mayo de 2015

Aniversarios maio

Un mes máis chegou o día de celebrar os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que naceron neste mes. Paula e Helena cumpliron 5 anos, son case que unhas mozas;  Xián, Marina e Ricardo xa están nos 4. Como pasa o tempo! que din os maiores.

sábado, 16 de mayo de 2015

PINTANDO

Comezamos a facer un grande mural que reflexe todo o que estamos aprendendo da prehistoria. Estes son os primeiros pasos con pintura e esponxas. Como nos gusta mancharnos!

viernes, 15 de mayo de 2015

VISITA ODONTÓLOGAS

Xa fai uns días visitaron a nosa escola unhas odontólogas. Descubrimos que non todas as pezas dentais teñen o mesmo nome nin serven para o mesmo e tamén nos falaron sobre a alimentación, onde nos mostraron os diferentes tipos de alimentos, cales eran carioxénicos e cales non. Mostrándonos así, as maneiras de manter unha boa hixiene bucal.

sábado, 2 de mayo de 2015

ANIVERSARIOS ABRIL

Este mes celebramos os aniversarios de seis compañeiros e compañeiras. Leo e Unai cumpriron 4 anos, André fixo 5 e Lidia, María e Mario xa van polos 6. Parabéns a todos.

PARABÉNS PARA TI
NESTA DATA QUERIDA
MOITAS FELICIDADES
MOITOS ANOS DE VIDA.