sábado, 19 de diciembre de 2015

FESTA PRIMEIRO TRIMESTRE

Para rematar o trimestre e antes da visita das Súas Maxestades os Reis Magos celebramos unha pequena festa. Estivemos todos xuntos, probamos os produtos típicos desta época e bailamos cos amigos. Pasámolo moi ben.

ADORNOS NADAL

Nestas datas toca adornar a árbore de Nadal. Este ano a idea foi a de darvos vasos de poliuretano. Quedaron moi bonitos e imaxinativos.



PROXECTO DINOSAUROS

Os nenos e nenas de 6º de infantil fixeron un volcán para rematar o proxecto dos dinosauros. Mostráronnos o seu funcionamento e foi moi interesante.




Tamén descubriron que fósil se atopaba nunha pequena escavación, facendo de paleontólogos.



jueves, 17 de diciembre de 2015

ANIVERSARIOS DECEMBRO

Este mes celebramos os aniversarios  de Daniela e  Joel que cumpriron catro anos e o de Manuel que facía tres pero como está maliño non puido  vir a escola.



martes, 8 de diciembre de 2015

DINOSAUROS

Durante este trimestre estivemos aprendendo moitas cousas sobre os dinosauros. Pudemos facelo grazas, entre outros, ao material que nos enviachedes desde as vosas casas. Aqui podedes ver como cada neno o presentaba ante a súa clase.