miércoles, 30 de noviembre de 2016

PIZARRA PIRATA

Hoxe visitáronnos Amparo, Irene e Miguel nais e pai de Carmen, Unai e Aroa. Entre todos fixemos unha pizarra pirata na que so se poden escribir ou debuxar sentimentos e sensacións agradables. Desta maneira sentirémonos mellor nos e tamén todas as persoas que nos rodean.

sábado, 26 de noviembre de 2016

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

No penúltimo mes do ano celebramos os aniversarios de catro nenas, as menores son Gala e Carla que cumpriron 3 anos, no medio esta Kyara quen fixo 4 anos e a maior e Lucía que xa esta nos 5 anos. Moitos parabéns a todas.


miércoles, 23 de noviembre de 2016

BONECO DE NEVE

Co frío que vai estes días pola mañá parece que xa estamos no inverno e, que representa moi ben o inverno?. Paula, Marlen e Enrique nais e pai de Alba, Carlos e Anxo.G viñeron a clase para axudarnos con este boneco de neve especial, gústavos?

miércoles, 16 de noviembre de 2016

BARCO PIRATA

Inés e Lourdes, nais de Joel e Adela, estiveron hoxe con nos facendo un barco pirata. Precisamos goma eva, pallas, fixo decorado, tesoiras, silicona líquida, pinceis, tempera e, como non! as nosas incansables ganas de traballar. Verdade que nos quedaron bonitos.

lunes, 14 de noviembre de 2016

AS CORES DE ELMER

Aos nenos e nenas de cuarto de Infantil léronlle o conto "As cores de Elmer". Gustoulles tanto que agora son eles os que nolo contan. Escoitadeos ben.


jueves, 10 de noviembre de 2016

FROITOS DE OUTONO

Nesta última semana estivemos degustando algúns dos froitos carnosos de outono que trouxeron da casa. Uns eran moi coñecidos e todos os probaran algunha vez, polo que nos adicamos máis a aqueles que non coñecían tanto ou que non probaran nunca. As freixoas, kiwis, granada e caqui están neste grupo e non tiveron a mesma aceptación entre todos os comensais.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

VAN GOGH

Durante o tempo que Tamara estivo na escola ademais de explicarnos e axudarnos  a realizar todas as tarefas tamén nos contou cousas sobre un pintor, Vincent Van Gogh. Coñecemos tres das súas obras: "Los girasoles", " La noche estrellada" e " Autoretrato" . Fixemos a nosa propia interpretación