miércoles, 29 de noviembre de 2017

SANDÍA

Os nenos e nanas de 6º de Infantil foron limpar unha parcela ao invernadoiro e atoparon unha sandía. Era unha das que plantaramos o curso pasado. Hoxe despois do recreo xuntámonos para comela e non deixamos nin a proba.

viernes, 24 de noviembre de 2017

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

Remata o mes e toca celebración. Desta volta foron catro nenas as que celebraron os seus aniversarios. A menor e Elena que cumpriu 3 anos, Carla e Gala fixeron os 4 e a maior e Kiara con 5 anos. Moitos parabéns a todas.


jueves, 23 de noviembre de 2017

VIOLENCIA MACHISTA

Desde a escola colaboramos na iniciativa "Rianxo en negro". Enviamos as nosas postais a xente que queremos para axudar a concienciar deste problema e poder conseguir unha sociedade libre de violencia machista.