sábado, 21 de abril de 2018

DANZA AFRICANA

O grupo "TRÓPICO DE GRELOS" visitounos e ensinounos a bailar unha danza brasileira de orixe africano


CONTACONTOS

O pasado venres tivemos un contacontos. Foron tres pequenos relatos , un falaba dun caracol que non se acordaba do seu nome; no segundo unhas caras falaron dun ser mitolóxico e para rematar coñecemos a uns piratas con problemas.


jueves, 19 de abril de 2018

INVERNADOIRO

Os nenos e nenas  de 4º e 5º de infantil estiveron no invernadoiro preparando a terra para poder facer a súa plantación. O día seguinte collemos os sachos e plantamos  tomates, chícharos, leitugas e patacas. Tiñamos algúns compañeiros enfermos que non puideron participar, pero cando se recuperen, entre todos regarémolas e sacaremos as malas herbas.

domingo, 15 de abril de 2018

TUBERIAS

Fai uns días fumos ata o auditorio para escoitar o cuarteto "Tuberias". Estivo moi interesante e pasámolo moi ben.